Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0751/2016-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0751/2016-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0751/2016-PPM.

Persoa interesada: Antonio Barrul Montoya.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Aquilino Iglesias Alvariño, 21, 1º B, Lugo (Lugo).

Expediente: PSC-CO-0775/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Domínguez Castro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: San, 72, Abanqueiro, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0788/2016-PPM.

Persoa interesada: Guadalupe Fungueiriño García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Nine, 7 A, Cespón, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0792/2016-PPM.

Persoa interesada: Agustín Alexis Grafiña Granda.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Oliveira de Abaixo, 49, Teis, Vigo (Pontevedra).

Expediente: PSC-CO-0815/2016-PPM.

Persoa interesada: Benjamín Maneiro Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Méndez Núñez, 8, Porto do Son.

Expediente: PSC-CO-0811/2016-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Lustres Blanco.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Porto Mouro, 27, Abanqueiro, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0789/2016-COP.

Persoa interesada: Concepción Fernández Bouzas.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa do Descanso, 3, Muros.

Expediente: PSC-CO-0745/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Bernabé Muñoz.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Rebordelo, 21, 1º A, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0747/2016-PPM.

Persoa interesada: Ramón Armando Suárez González.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Francisco del Río Romero, 8, 4º D, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0828/2016-PPM.

Persoa interesada: Ramón Barreiro Blanco.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Amproa, 24, 2º, Bamio, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).