Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 22 de agosto de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 564 (recinto 2), 602 (recinto 2), 644 e 645 do polígono 4 do termo municipal de Sarria (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 22 de agosto de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 564 (recinto 2), 602 (recinto 2), 644 e 645 do polígono 4 do termo municipal de Sarria (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 6 de xuño de 2016. Anuncio publicado no DOG núm. 137, do 20 de xullo de 2016.

Lugo, 29 de agosto de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo