Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42180

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 9 de setembro de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 1 de agosto de 2016.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a Orde do 1 de agosto de 2016 (DOG núm. 154, do 17 de agosto) , esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 1 de agosto de 2016.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado de lo contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos y nome: Lourdes Ledo Moure.

NRP: 7671793502A2060.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación: subdirector/a xeral de Coordinación Administrativa.

Código do posto: IN.C02.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.