Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO do nomeamento dunha funcionaria de carreira.

Mediante este anuncio faise público que a Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 31 de agosto de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Vista a proposta de nomeamento do 28 de xullo de 2016, do tribunal cualificador do proceso selectivo para a provisión dunha praza de subalterno, anunciado no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 170, do 27 de xullo de 2011, a favor de Mª del Carmen Díaz Fernández.

Visto que no prazo fixado para o efecto a aspirante aprobada achegou a documentación requirida nas bases da convocatoria, e de conformidade con estas, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Nomear a María del Carmen Díaz Fernández, con DNI número 33539971Q, funcionaria de carreira do Concello de Castroverde, coa categoría de subalterno, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterno, grupo agrupacións profesionais.

Segundo. Notificarlle o presente acordo á funcionaria nomeada e comunicarlle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos deste concello.

Castroverde, 31 de agosto de 2016

Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde