Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da impartición de diversas actividades no curso 2016/17.

Mediante decreto da Alcaldía do 2 de setembro de 2016 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 33/16).

2. Obxecto do contrato: impartición de actividades no curso 2016/17.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 92.565 € (76.500 € máis 16.065 € en concepto de IVE), polo prazo de nove meses.

5. Garantías: 5 % do importe da adxudicación (sen IVE).

6. Prazo de presentación das proposicións: oito días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 2 de setembro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa