Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a Resolución do 8 de agosto de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda (expediente ext-2016/0000129-PE627A 3/2006).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, por medio deste anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Resolución do 8 de agosto de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro desta resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: exp. ext-2016/0000129-PE627A 3/2006.

Persoa interesada: Novo Airiños, S.L.

Establecemento afectado: Buque Novo Airiños-CFPO 25704.

Acto de notificación: Resolución do 8 de agosto de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Camiño da Barreira, 6, 36350 Nigrán, Pontevedra.