Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de agosto de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente P-065/14.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 17 de agosto de 2016

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 20.7.2016)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente: P-065/14.

Persoa interesada: Vanessa Rodríguez Díaz.

DNI: ...317L.

Asunto: resolución do contrato do expediente de construción PO-2004/010, conta 43.