Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39719

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración para a reposición de mobiliario e material didáctico para as escolas infantís integradas na Rede de escolas infantís de Galicia (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/006/16/SU/EI.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación da subministración para a reposición de mobiliario e material didáctico para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: trinta (30) días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 59.848,97 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións; no exterior dos sobres debe figurar o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 30 de setembro de 2016, ás 10.00 horas, e a do sobre C, na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar