Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0679/2015-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0679/2015-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

A Coruña, 26 de agosto de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0679/2015-PPM.

Persoa interesada: Antonio Amaya Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: praza Luís Rodríguez Lago, bloque II, 6º A, A Coruña.

Expediente: PSC-RI-0532/2015-PPM.

Persoa interesada: Santiago Beltrán Domínguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Rianxiño, 26, 2º, Rianxo.

Expediente: PSC-RI-0470/2015-PPM.

Persoa interesada: Miguel Borja Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 30, baixo, A Coruña.