Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0052/2016-IUL e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 26 de agosto de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0052/2016-IUL.

Denunciado: Emilio Farrapeira Guillade.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ICA-PO-0032/2016-U.

Denunciada: Obited Comunicaciones, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0021/2016-IA.

Denunciado: Claudino Lusquiños Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0024/2016-IA.

Denunciado: Horacio Coira Barreiro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0128/2015-CSA.

Denunciado: Pedro Albina Bouzo Costa de Sousa.

Acto de notificación: resolución.