Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Produtores Mexilloeiros Ría de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Produtores Mexilloeiros Ría de Arousa, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: defender os asociados nos seus intereses xerais e específicos.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas que non pertenzan a ningunha outra entidade con fins idénticos aos da asociación e que sexan titulares, concesionarias ou explotadoras de viveiros flotantes de mexillón establecidas no ámbito territorial da asociación.

Asinantes do acordo de adaptación de estatutos: Juan Barral Varela, Álvaro Caamaño Fresco, Ramón Canto Soto, Juan Cores Señoráns, Iván Dacosta Dios, José Fernández Piñeiro, José Luis Iglesias García, Manuel Irago Villanueva, Manuel Irago Baúlde, Francisco Manuel Lojo González, Ramón Mondragón Riveiro, Manuel Nogueira Feijoo, Vicente Nogueira Tourís, Ramón Parada Portas, Luis Piñeiro Almeida, Manuel Piñeiro Ces, Daniel Piñeiro Ces, Juan Benito Portas Grande, José Antonio Rial Rodríguez, Juan Santamaría Nogueira, Gabriel Suárez Ferro, Antonio Juncal Portas, Manuel Caamaño Conde, Pastor Feijoo Nogueira, Juan Ramón Cores Lojo, Wenceslao Suárez Ferro, Agustín Oliveira Navia, Sergio Benito Portas Roma e María Luisa Suárez Gondar.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego