Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de redacción do plan funcional e programa de espazos para o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (expediente AB-SER3-16-028).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación do servizo de redacción do plan funcional e programa de espazos para o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

3. Nº de expediente: AB-SER3-16-028.

4. Clasificación CPV 2008: 75.12.20.00.

5. Orzamento sen IVE: 66.115,70 €.

6. Orzamento con IVE: 80.000,00 €.

7. Valor estimación do contrato: 66.115,70 €.

8. Prazo de execución: 3 meses.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 6.6.3.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 6.6.3.g) do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante, http://www.sergas.es/

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP que rexe esta licitación.

17. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 6.5 do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante, http://www.sergas.es/.

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos