Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39654

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (LD-01/2016, do 12 de abril), para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de supervisor/a de área funcional da Área Cirúrxica.

Convocada mediante a Resolución LD-01/2016, do 12 de abril (DOG nº 85, do 4 de maio), a provisión dun posto de supervisor/a de área funcional da Área Cirúrxica, polo sistema de libre designación, esta xerencia de xestión integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de área funcional da Área Cirúrxica, realizada mediante a Resolución LD-01/2016, do 12 de abril (DOG nº 85, do 4 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 8 de agosto de 2016

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: supervisor/a de área. Área Cirúrxica.

Nome e apelidos: Berta María Pena García.

DNI: *****867J.