1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.
5º. Telefax: 981 54 42 39.
6º. Correos electrónicos:
natalia.lobato.mosquera@xunta.gal/manuel.perez.gonzalez@xunta.gal
emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59226
8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2016-SECON 02-PL.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo especial.
b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra e a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) neste edificio administrativo.
c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.
d) Lugar de execución: sede do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
e) Prazo de execución: catro (4) anos contados desde o día seguinte ao da data da sinatura do contrato.
f) Admisión de prórroga: si, por dous (2) anos máis como máximo.
g) CPV: 55322000-3, 55330000-2 e 55400000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Subasta electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Canon mínimo de licitación:
Ano |
Canon cafetaría |
Canon vending |
Total/ano |
2016 2017 2018 2019 2020 |
327,50 € 1.310,00 € 1.310,00 € 1.310,00 € 982,50 € |
172,50 € 690,00 € 690,00 € 690,00 € 517,50 € |
500,00 € 2.000,00 € 2.000,00 € 2.000,00 € 1.500,00 € |
Total |
5.240,00 € |
2.760,00 € |
8.000,00 € |
Canon total dos catro anos de vixencia do contrato: 8.000,00 €.
5. Garantías exixidas:
Provisional: non se require.
Definitiva: o importe equivalente ao 5 % do total do canon ofertado polo adxudicatario para os catro anos de vixencia do contrato.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe clasificación.
b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.
c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.
1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral do Complexo Administrativo San Caetano.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas:
a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza