Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39355

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo neste centro.

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Cixtec. As bases da convocatoria estarán á disposición dos interesados (persoal do Cixtec) no taboleiro de anuncios das dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán, 9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable