Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39383

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das obras do proxecto de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro (fase 1) (expediente 3970/440).

Anuncio de contratación polo procedemento aberto, das obras do proxecto de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro (fase 1).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 3970/440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obras contidas no proxecto de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro (fase 1). c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 1.250.000,00 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si (grupo G, subgrupo 6, categoría 4). b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto (26º) día seguinte a da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 26 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación