Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal SUR-PPI 5.

O Pleno da Corporación municipal do Porriño, en sesión ordinaria do 29 de xuño de 2016, aprobou inicialmente a modificación do Plan parcial do SUR-PPI-5 mediante acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º) Aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial do SUR-PPI-5.

2º) Someter o expediente a información pública durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, notificando a todos os propietarios dos terreos afectados.

3º) Remitir un exemplar do plan parcial á Consellería de Cultura e Deporte para a emisión de informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico-Artístico.

4º) Someter o expediente a consultas dos seguintes organismos:

– Confederación Hidrográfica do Norte.

– Augas de Galicia.

– Instituto de Estudos do Territorio.

– Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

5º) Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito do Plan parcial do SUR-PPI 5».

O que se fai público para xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 28 de xullo de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa