Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39391

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se fai publica a formalización de contratos.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos seguintes contratos:

– Nº de expediente: CGSIB/RRHH/001/16/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: servizo de prevención alleo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 163.650 €.

Adxudicataria: Mugatra Sociedad de Prevención, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 7.7.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica entre as máis competitivas de todas as presentadas á licitación.

– Nº de expediente: CGSIB/001/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración de mandilóns e lenzaría para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia (lotes 1 e 2).

Lote 1:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 55.087,67 €.

Adxudicataria: El Corte Inglés, S.A.

Data de formalización do contrato: 8.7.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica máis competitiva.

Lote 2:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 37.064,72 €.

Adxudicataria: El Corte Inglés, S.A.

Data de formalización do contrato: 8.7.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación.

– Nº de expediente: CGSIB/002/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración de axendas escolares para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 18.004,80 €.

Adxudicataria: Paz Dismac, S.L.

Data de formalización do contrato: 19.7.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica máis competitiva.

– Nº de expediente: CGSIB/001/16/SU/SIST.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: arrendamento con mantemento (renting) de 30 equipamentos multifunción para centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 49.025,90 €.

Adxudicataria: Inforhouse, S.L.

Data de formalización do contrato: 14.7.2016.

Vantaxes da oferta do adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica máis vantaxosa de todas as presentadas á licitación.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto Perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar