Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Galega de Orquestras (AGO).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación Galega de Orquestras (AGO), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: empresas ou autónomos, con traballadores que leven a cabo as súas funcións no mundo do espectáculo público e da verbena, tanto ao aire libre como en centros pechados, sempre que sexa en directo, e que dispoñan dun centro de traballo ou domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan o certificado: Manuel Ángel Fariña Negreira e Juan Antonio Rodríguez Nájera, en calidade de presidente e secretario, respectivamente.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego