Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica a resolución de aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da utilidade pública da rede de distribución de gas natural en Arzúa (A Coruña).

O 22 de xullo de 2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título «Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña)», promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/20-0).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ante a imposibilidade de notificación da resolución antes referida ao titular do predio afectado nº CO-AR-01 (herdeiros de Elena Álvarez Gil, con enderezo na rúa Ramón Franco, 74, 15810 Arzúa), mediante o presente anuncio practícaselle a preceptiva notificación.

Este interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas