Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/466-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e novo CT do Catadoiro.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 800 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio existente HV-200/10, no tramo VLG8046186, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Catadoiro, Adina 15, Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra