Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de agosto de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de agosto de 2016

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 20.7.2016)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE

18986

Wendolin Suárez Oma

*****709E

54867

Cristiane Ribeiro da Silva

*****157Z

64191

Juliana Rodríguez Franco

*****118B

73944

Marisol Moya Hernández

*****203Z

74164

David Neira Vence

*****034G

74423

Gisella Villamar Suárez

*****053D

74758

Margarita García Veiga

*****272K

74947

Sheila María Rodríguez Moldes

*****205P

74987

Manuel Marques Barbosa

*****120X

75013

Aída Brao Copero

*****477H