Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación (expediente 16/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria «Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación».

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24203

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 31 de marzo de 2016; BOE do 6 de abril e DOG núm. 73, do 18 de abril.

e) División por lotes e número: si; dous.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 694.580,08 €; IVE (21 %): 145.861,82 €. Importe total: 840.441,90 €.

Valor estimado: 694.580,08 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: lote 1: 23 de xuño de 2016 e lote 2: 28 de xuño de 2016.

b) Adxudicataria: lote 1: Reclam, Publicidad, Marketing y Artes Gráficas, S.A.U. e lote 2: Imaxe Intermedia, S.A.

c) Importe: lote 1: 38.236,00 € (IVE incluído) e lote 2: 783.744,23 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: lote 1: 26 de xullo de 2016 e lote 2: 27 de xullo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural