Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (29/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra en funcións de substitución, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 29/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Tato Alonso contra Hierros Touriño, S.A., sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

a) Declarar o executado, Hierros Touriño, S.A., en situación de insolvencia por importe de 29.086,26 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hierros Touriño, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de agosto de 2016

O letrado da Administración de xustiza