Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras (expediente AB-EIO1-15-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIO1-15-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: non; lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 28.7.2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 173, do 21.7.2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S, 135-249560.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 4.836.237,74 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.860.091,44 euros. Importe total: 2.250.710,64 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.4.2016.

b) Data de formalización: 23.6.2016.

c) Contratista: Valoriza Facilities, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.822.889,60 euros. Importe total: 2.205.696,42 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución da adxudicación publicada no perfil do contratante.

Ourense, 17 de agosto de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras