Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Sábado, 3 de setembro de 2016 Páx. 39076

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 2 de setembro de 2016 sobre distribución de espazos electorais gratuítos de propaganda electoral en medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 2 de setembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, nos termos da proposta formulada pola Comisión de Control Electoral, a distribución dos espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, autonómica e estatal (desconexión territorial).

– Autonómica: Televisión Galega e Radio Galega (artigo 29 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia).

– Estatal: Televisión Española en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia (artigo 64 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral).

Segundo. Anunciar no Diario Oficial de Galicia que nesta data a Xunta Electoral de Galicia acordou a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública en favor das entidades políticas concorrentes ao proceso electoral convocado.

A dita distribución está publicada na páxina web da Xunta Electoral de Galicia.

Contra o acordo de distribución, os representantes xerais das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento de Galicia que se consideren afectadas poderán interpor recurso de alzada ante a Xunta Electoral Central, que se deberá presentar ante a Xunta Electoral de Galicia ata as 14.00 horas do sábado 3 de setembro e que se tramitará conforme o procedemento establecido no artigo 21 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, e na Instrución da Xunta Electoral Central 11/2007, do 27 de setembro.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

Miguel Ángel Cadenas Sobreira
Presidente da Xunta Electoral de Galicia