Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de denegación do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349L 2016/034-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo, no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8, 2º Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Esta resolución que pon fin á vía administrativa e contra esta os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR349L 2016/034-5.

Nome: Raf Burguer Bar, S.L.

CIF/NIF: B94128998.

Último enderezo coñecido: Paseo Matutino, 7, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Tipo de axuda: incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Contido da resolución: declarar a desestimación da súa solicitude.

Data da resolución: 14.6.2016.