Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristovo, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2/2016 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 25027

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristovo.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 495.862,41 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 495.862,41 €. Importe total: 599.993,52 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.7.2016.

b) Data de formalización do contrato: 9.8.2016.

c) Adxudicataria: Egis Eyser, S.A.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 345.120,24 €. Importe total con IVE: 417.595,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
P.D. (Orde do 4.12.2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
O secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas
P.S.
José Antonio Domínguez Varela
Vicesecretario xeral da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas