Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016101TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de agosto de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2016101TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a María Teresa Resua Rodríguez.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a María Teresa Resua Rodríguez o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 12 de agosto de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016101TA-CO.

Interesada: María Teresa Resua Rodríguez (Cafe Bar Sirena).

DNI/NIF/CIF: 52454940J.

Último enderezo coñecido: Muelle, 4; Escarabote, 15930 Boiro.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.