Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-38/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-38/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de deseño, subministración e instalación e desmonte da iluminación ornamental temporal das campañas do Nadal 2016-2017, 2017-2018 e 2018-2019 no Concello da Coruña, que fomente o emprego de calidade e o coidado do ambiente na súa execución. Duración: tres anos prorrogable por un máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.005.000 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 5 de setembro de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada (praza de María Pita, 1).

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración