Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada correspondente ao expediente sancionador INC-PO-0071/2013-BIO.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador INC-PO-0071/2013-BIO.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Programación e Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que a interesada teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: INC-PO-0071/2013-BIO.

Persoa interesada: Mª Venancia Veiga Meneses.

Acto de notificación: resolución recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 16-3º B, 36206 Vigo (Pontevedra).