Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación de municipal de Vedra. Modificación de aliñacións, espazos públicos e delimitacións nos núcleos de Quintáns, Texo, Os Muíños e A Famelga, concello de Vedra (expediente 2016AAE1886; código 1795/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 27 de xullo de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vedra. Modificación de aliñacións, espazos públicos e delimitacións nos núcleos de Quintáns, Texo, Os Muíños e A Famelga, concello de Vedra.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental