Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, e criterio prezo, do contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2016-2017 (expediente 4/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato privado de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2016-2017.

c) Prazo de execución: doce (12) meses contados a partir do inicio do período de cobertura.

d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de doce (12) meses máis.

e) CPV: 66510000-8 (servizos de seguros).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 2.600.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.300.000,00 € (exento de IVE), conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2016: 50.000,00 €.

Ano 2017: 1.250.000,00 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

1. Clasificación: non se exixe.

2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de claúsulas administrativas particulares (PCAP).

8. Obtención de documentación e información.

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55656

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 19 de setembro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56). Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme ás especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.

12. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: o día 10 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

O secretario xeral para o Deporte
P.A. (Artigo 5, Decreto 88/2013)
María Teresa Lorenzo Lemos
Subdirectora xeral de Xestión Deportiva