Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (202/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 202/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Fernández Parga contra Construcciones La Rosaleda, S.L. en materia de despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones La Rosaleda, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza