1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio. Nº de expediente: 19862-240.
2. Obxecto do contrato: descrición: adquisición de mobiliario da nova aula da UNED en Vigo. División por lotes: non.
Lugar de entrega: Concello de Vigo.
Prazo de execución: 30 días.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 196.780,82 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, delas por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o oitavo (8) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC (folla de especificacións do contrato).
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: si.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 18 de agosto de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación