1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
iv) Teléfonos: 881 54 18 38-881 54 27 73 (cuestións administrativas) e 881 54 27 74-881 54 03 05 (cuestións técnicas).
v) Telefax: 881 54 27 62-881 54 86 11.
vi) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
vii) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.
d) Número do expediente: AB-SER3-16-005.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de redacción do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e redacción do proxecto básico e de execución da fase I.
c) División por lotes e número: non procede.
d) Lugar de entrega:
i) Enderezo: véxanse os pregos. Rexistro da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
ii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
e) Prazo de execución: 9 meses. Ver a cláusula 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00, 71.24.00.00, 71.24.30.00.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6.5 do PCAP.
4. Valor estimado do contrato: 555.622,86 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 555.622,86 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 672.303,66 €. Ver a cláusula 2.5 do PCAP.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: ver a cláusula 6.6.3.e), f) e g) do PCAP.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata o 3 de outubro de 2016.
b) Modalidade de presentación: ver a cláusula 5 do PCAP.
c) Lugar de presentación:
i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (o horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non se admite.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura de ofertas.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura do sobre B e sobre C en actos públicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver a cláusula 3.3 do PCAP.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de agosto de 2016.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos