Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación para a subministración e instalación de tres sistemas de calefacción.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza Constitución.

3º. Localidade: Cuntis 36636.

4º. Teléfono: 986 54 80 05.

5º. Correo electrónico: contratacion@concellodecuntis.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodecuntis.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto.

b) Descrición: subministración e instalación de tres sistemas de calefacción no Centro de Formación A Ran, na casa do concello e no Centro Sociocultural Patelas.

c) Lugar de execución: concello de Cuntis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación, que son os seguintes:

Criterios

Puntos máximos

1

Oferta económica

20

2

Incremento do prazo de garantía

25

3

Operacións de mantemento, de balde, no prazo de garantía

8

4

Incremento do período das operacións de mantemento de balde

12

5

Tempo de resposta ante avarías

10

6

Prazo de execución

25

c) Melloras do obxecto do contrato:

• Incremento do prazo de garantía.

• Operacións de mantemento, de balde, no prazo de garantía.

• Incremento do período das operacións de mantemento de balde.

• Tempo de resposta ante avarías.

• Prazo de execución.

4. Valor estimado do contrato: 70.848,00 euros, coa seguinte desagregación por lotes:

• Lote 1 (CFO A Ran): 23.616 euros.

• Lote 2 (casa do concello): 23.616 euros.

• Lote 3 (Centro Sociocultural Patelas): 23.616 euros.

Deberá indicarse o IVE en partida independente que ascende a 14.878,08 euros, coa seguinte desagregación:

• Lote 1 (CFO A Ran): 4.959,36 euros.

• Lote 2 (casa do concello): 4.959,36 euros.

• Lote 3 (Centro Sociocultural Patelas): 4.959,36 euros.

O tipo de licitación á baixa, IVE incluído, é:

• Lote 1 (CFO A Ran): 28.575,36 euros.

• Lote 2 (casa do concello): 28.575,36 euros.

• Lote 3 (Centro Sociocultural Patelas): 28.575,36 euros.

5. Duración do contrato: quince (15) días naturais como máximo.

6. Solvencia técnica e económica:

a) Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao valor estimado dos lotes a que se licite, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado.

Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade, moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

b) Solvencia técnica: poderase acreditar polos seguintes medios:

Relación das principais subministracións efectuadas durante os cinco últimos anos, indicando o seu importe, as datas e o destinatario público ou privado destas. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público, ou, cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

Considerarase acreditada a solvencia coa presentación dun certificado acreditativo da subministración e instalación dunha caldeira de características similares á caldeira obxecto do contrato.

7. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito (8) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: Concello de Cuntis. Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas: a data e a hora publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 16 de agosto de 2016

Manuel Campos Velay
Alcalde