Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38227

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (927/2015).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento de divorcio nº 927/2015, seguido por instancia de Gilberto Gabilheri Andred fronte a Anderson Nunes Melo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Seguen os antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Gilberto Gabilheri Andreo e declárase disolvido por divorcio o matrimonio celebrado o 16 de xuño de 2012 entre el e Getulio Anderson Nunes Melo.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre, ante a Audiencia Provincial de Ourense

Expídaselle o correspondente oficio ao Rexistro Civil para que, unha vez que sexa firme esta resolución, se practique a oportuna inscrición.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes na forma prevista pola lexislación vixente, lévese ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño suficiente.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao se atopar o dito demandado, Anderson Nunes Melo, en paradoiro descoñecido, expídase o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 10 de marzo de 2016

A secretaria xudicial