Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38221

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1428/2016-GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1428/2016-GA

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 646/2015. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Miguel Vázquez Carreira

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., admón. concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro)

Avogados: Fogasa, Tamara Vallejo Martínez

Procuradora: María Jesús Gandoy Fernández

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1428/2016-GA desta sección, seguido por instancia de Miguel Vázquez Carreira contra Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., admón. concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro), sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Miguel Vázquez Carreira contra o auto do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 11 de xaneiro de 2015, en autos número 646/2015, sobre rescisión de contrato e reclamación de cantidade contra Sumtec, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad e Inversiones, S.L., Caamaño e Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e con anulación parcial da devandita resolución, acordamos repoñer os autos ao momento de ditarse a devandita resolución para que, con liberdade de criterio e asumindo a competencia propia, se resolva a acción de reclamación de cantidades acumulada, e desestimando no resto o recurso formulado mantense a declaración de incompetencia da xurisdición social para coñecer da acción de resolución de contrato formulada pola parte demandante.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. e General Panels, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza