De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2016 e 2017, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:
Actividade: traballos de mantemento e conservación do Xardín Literario da Cidade da Cultura de Galicia.
Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Prazo de vixencia: o prazo de execución será dun (1) ano.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016
Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia