Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 17 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2016/41-3.

Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer, na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez nº 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 17 de agosto de 2016

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Nome ou razón social

NIF/CIF

Enderezo

IN635A 2016/41-3

Viandas do Abade, S.L.

Apartado de correos 8, San Xulián, 4, 32769 Castro Caldelas, Ourense