Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Manuel Fernández García contra Construcciones La Rosaleda e Convenia Profesional, S.L.P, rexistrado co número DOI 169/2016 acordouse notificar a parte dispositiva do decreto de 2.8.2016 ditado no procedemento DOI 169/2016 a Construcciones La Rosaleda, en ignorado paradoiro:
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Construcciones La Rosaleda, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016
A secretaria xudicial