Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2017.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

d) Número de expediente: 2016010247 (ref. 2422).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo do deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2017.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: o contrato comezará coa súa sinatura e rematará ás 23.59 horas do día 5 de xaneiro de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 92331210-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: ata 55 puntos.

– Valoración artística e técnica dos bosquexos, ata 45 puntos, dividido nos seguintes subapartados:

Adaptación á temática proposta polo Concello de Ourense: «Os Reis Máxicos, astrólogos e adiviños»: ata 15 puntos.

Orixinalidade e innovación da proposta: ata 10 puntos.

Calidade artística dos elementos que conforman cada carroza: ata 15 puntos.

Composición e colorido da proposta: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 22.314,05 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 22.314,05 euros. IVE: 4.685,95 euros. Importe total: 27.000,00 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de agosto de 2016

José Araújo Fernández
Alcalde en funcións