Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38159

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO da contratación das obras de restauración na fachada, cripta e terraza do Obradoiro.

Orzamento de contrata: 1.555.470,90 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse recoller na sede da Fundación Catedral de Santiago de Compostela; rúa do Vilar, 1, 1º, Santiago de Compostela (teléfono 981 56 93 27, www.catedraldesantiago.es/contratacion), logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de vinte e seis días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela