Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de material non sanitario dun só uso de limpeza, aseo e enxoval para as estruturas de xestión integrada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación Administrativa).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación Administrativa).

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

4º. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MI-ASF1-16-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de material non sanitario dun só uso de limpeza, aseo e enxoval para as estruturas de xestión integrada dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): si; 21 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Plataforma Loxística do Servizo Galego de Saúde.

1º. Domicilio: polígono industrial de Covas.

2º. Localidade e código postal: Negreira 15863 (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 39224320-7; 24312220-2; 33762000-9; 33764000-3; 33711900-6; 33741100-7; 33711540-4; 33763000-6; 39222100-5; 39222110-8; 33771000-5; 33770000-8; 33761000-2; 19640000-4; 18141000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación (se é o caso):

– Oferta económica: ata 50 puntos.

– Valoración en uso: ata 30 puntos.

– Calidade técnica: ata 10 puntos.

– Loxística: ata 5 puntos.

– Ambiente: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 6.470.046,77 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.695.852,82 €; IVE: 566.129,09 €; importe total: 3.261.981,91 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación de cada lote sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (se é o caso): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10 de outubro de 2016.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso).

12. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos