Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a Resolución do 28 de xuño de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda PE627A/nº exp.ext-2016/0000084-aut 18/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de tentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Resolución do 28 de xuño de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O interesado poderá comparecer, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro desta resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: PE627A/nº exp.ext-2016/0000084-aut 18/2012.

Entidade interesada: Ameixa de Carril, S.L.

Establecemento afectado: parque de cultivo mariño nº 1057, O Carril, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Acto de notificación: Resolución do 28 de xuño de 2016 pola que se acorda a extinción da autorización para a primeira venda de productos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Punta Preguntoiro, 20, 36611 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.