Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de desratización, desinsectación e desinfección no termo municipal.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015001792, ref. 2318.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de desratización, desinsectación e desinfección no termo municipal de Ourense.

c) CPV: 90922000-6.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16 de abril de 2015, 21 de abril de 2015 e 22 de abril de 2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 29.954,00 euros. IVE: 6.290,34 euros. Importe total: 36.244,34 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de xuño de 2016.

b) Data de formalización: 29 de xullo de 2016.

c) Contratista: Anticimex 3D Sanidad Ambiental, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 17.975,40 euros. IVE: 3.774,83 euros. Importe total: 21.750,23 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa, conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 29 de xullo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde