En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais foi presentada certificación expedida pola secretaria xeral Mª Elisa Otero López, co consentimento do presidente, José Manuel Rodríguez Rodríguez, da Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor), que tivo lugar o 11 de xuño de 2016, onde se reflicte a modificación dos estatutos da dita organización.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: empresas dedicadas ao transporte de mercadorías por estrada interior e internacional e empresas que realizan actividades auxiliares de transporte, axencias e operadores do transporte.
Asinantes: Mª Elisa Otero López (secretaria xeral), José Manuel Rodríguez Rodríguez (presidente).
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego