Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/CON/2014/00186.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Josefa Otero Patiño a resolución do recurso de alzada RA/CON/2014/00186, do 11 de maio de 2016, interposto contra a Resolución da directora xeral de Conservación da Natureza do 21 de febreiro de 2014.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio