1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2016-044.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: mixto, de subministracións.
b) Descrición do obxecto: contrato mixto para a subministración e instalación de ampliación para dúas librarías de backup a disco, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) CPV: 30233132-5.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.6.2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 199.500,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 199.500,00 €.
b) Importe total: 241.395,00 €.
6. Financiamento.
Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 2, Prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a administración electrónica a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; Obxectivo 2.3.2, Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.640.0 do Cixtec.
7. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 18.7.2016.
b) Data de formalización do contrato: 28.7.2016.
c) Contratista: Ednon, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 199.380,00 euros. Importe total: 241.249,80 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable